Vostede está aquí: Inicio > Destacadas > Taller de IOGA DA RISA
01/06/2017

Taller de IOGA DA RISA

O Ioga da Risa é unha técnica que combina exercicios de risoterapia e de ioga. Foi creada polo Dr. Madan Kataria, un médico indio, no 1995 tras descubrir os beneficios curativos da risa e a respiración.
Baséase na idea de que calquera persoa pode rir sen motivo algún, non habendo necesidade de recorrer a chistes ou comedias, nin ter sentido do humor. Valéndose de diferentes actividades a máis da risa, como a relaxación, xogos, danza ou a expresión corporal, o Ioga da Risa presenta, entre outros, os seguintes beneficios:
  • Reduce o estrés
  • Aumenta a capacidade pulmonar
  • Alivia a tensión
  • Mellora o humor
  • Aumenta as nosas habilidades sociais e falicita a comunicación
  • Elimina bloqueos: emocionais, físicos, …
  • Mellora a autoestima
O taller,gratuíto, terá lugar os vindeiros 8 e 15 de xuño en horario de 10h a 13h, no Edificio de Ferro (con posterioridade confirmarémosvos a aula).Se queres participar so tes que cubrir a folla de inscrición que se envía anexa. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.
Ficha de inscrición
Vostede está aquí: Inicio > Destacadas > Taller de IOGA DA RISA